Mergúllate na Comarca de Ourense

Ciclo de actividades de sendeirismo interpretativo, e degustación de produtos locais nos concellos do territorio da Comarca de Ourense promovido polo GDR11-ADERCOU
coneceesaborea OU2 web
 
 
Ciclo de actividades de promoción dos valores naturais, culturais, turísticos e gastronómicos dos  concellos que integran o territorio do GDR 11 – ADERCOU, Comarca de Ourense.
Rutas de Sendeirismo temático interpretativo nos mellores entornos naturais de cada concello e degustacións de produtos locais e moito máis para desfrutar e coñocer este extenso e rico territorio da provincia de Ourense.
Actividades promovidas polo GDR11-ADERCOU Comarca de Ourense
 
 
Máis información e formulario de inscricións debaixo

Máis información

Que é Mergúllate na Comarca de Ourense?

Un proxecto que ten como obxectivo a promoción turística, natural, gastronómica e cultural dos concellos integrantes do GDR 11 – ADERCOU, Comarca de Ourense, ofrecendo ás persoas participantes experiencias de coñecemento, inmersión e desfrute do patrimonio natural, cultural e gastronómico deste territorio.

O proxecto desenvólvese en 6 xornadas, cada unha delas nun dos concellos participantes no proxecto: A Peroxa (2 xornadas) , Barbadás, Coles, Cartelle e Pereiro de Aguiar.

O grupo de actividades en cada xornada inclúe unha ruta de sendeirismo temática e interpretativa, de nivel fácil ou moderado, en espazos naturais dos concellos e unha degustación de produtos locais preparada e presentada nun dos establecementos hosteleiros da zona.

Horario de mañá: Ruta de sendeirismo interpretativo

Mediodía: Degustación de Produtos Locais

Tarde: Visita cultural

Hai límite de idade ou condicións?

As actividades son aptas en xeral para calquer persona cun mínimo de forma física e afeita a camiñar. En xeral son aptas para familias con nenos de +7 anos

As actividades de sendeirismo serán guiadas e interpretadas por técnicos/as titulados en sendeirismo e turismo, e grandes coñecedores da provincia de Ourense.

A inscripción previa é obligatoria para poder participar nas actividades do Coñece e Saborea a Comarca de Ourense.

Cómo podo inscribirme nas actividades de Coñece e Saborea a Comarca de Ourense?

Cumprimentado o formulario de inscrición ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Data de apertura de inscricións: 20 de agosto 
(Só está permitido anotarse a un máximo de 1 xornada-concello por persoa)

No formulario aparecerán as actividades nas que hai prazas dispoñíbles (40 prazas por concello)

Nas actividades con prazas esgotadas se abrirá unha lista de agarda e se contactará coas persoas en espera se se liberan prazas.

Se sodes un grupo teredes que cumplimentar un formulario por persoa participante

 

Cando podo apuntarme?

A partir da data do 1 de Agosto abriranse as inscricións ás actividades ata o esgotamento das 40 prazas ofertadas por concello.

Respetaranse as prazas por rigurosa orde de anotación.

As persoas que non entren no cupo de inscritos/as pasarán a unha listaxe de reserva e serán avisadas en caso dalgunha baixa nas inscricións.

Hai límite de participantes? 

O límite de participantes é dun máximo de 40 persoas por actividade.

A cantas actividades podo apuntarme? 

O máximo é de 1 actividade (1 xornada) por persoa.

Como podo saber se estou admitido/a na actividade?

En principio, a hora de facer a inscrición, se non aparece activada a lista de agarda, podes entender admitida a túa inscrición. Coa maior brevidade posible, e unha vez pechadas as incricións, confirmarase a admisión nas actividades mediante chamada telefónica e/ou mail  e enviarase información co programa, horarios, puntos de encontro e outra información de interese. 

Que prezo teñen as actividades?

En xeral serán de balde excepto os prezos de entrada que poidan ter determinados elementos patrimoniais que serán comunicados con antelación ás persoas participantes.

“Coñece e Saborea a Comarca de Ourense” é un proxecto promovido e patrocinado polo GDR-11 Adercou

Como podo desprazarme ao punto de inicio das actividades?

O desprazamento ao punto de inicio de cada actividade deberá realizarse por medios propios. Tentarase, na medida do posible, cordinar os desprazamentos para empregar o mínimo de vehículos posible.

Que é o sendeirismo interpretativo?

Rutas que teñen unha dificultade baixa ou moderada e de diversa temática nas que se interpretarán os elementos naturais e patrimoniais máis importantes da zona podendo incluír xogos participativos.

A actividade de sendeirismo se realizará en horario de mañá.

A dificultade e distancia de cada ruta especificarase no cartaz promocional de cada actividade e no programa que podedes ver nesta mesma páxina.

Degustación e feira de produtos locais 

A degustación de produtos locais inclúe unha petiscada variada con produtos gastronómicos de produtores locais dos concellos incluídos no GDR 11 – ADERCOU, Comarca de Ourense, que serán preparados e elaborados con moito cariño por establecementos situados no concello de turno.

En algunha degustación poderedes ter á vosa disposición un mercadiño de produtos locais para poder levar á vosa casa produtos da zona.

Se despois de ler a información aínda tes algunha dúbida podes contactar por vía email no seguinte enderezo:

inscripciones@surbia.es

621 08 33 62 20

Comparte esta actividad

Compartir en facebook
Compartir en twitter
Compartir en whatsapp
Compartir en telegram

Material recomendado

  • Calzado e vestimenta axeitada (consultar previsión meteorolóxica) 
  • Auga e comida lixeira
  • Mochila actividade de 1 día 
  • Bastóns telescópicos de trekking 
  • Proteción para o sol e/ou choiva

 

INSCRICIÓNS

Inclúe

PROGRAMACIÓN:

19 de setembro:  A PEROXA

Ruta: Travesía do río Miño. A Peroxa – Os Peares 11 km – Dif: media
Degustación: O Mesón do Labrego (A Merca)
Visita: Museo do Lebre

20 de setembro: BARBADÁS

Ruta: O Tangaraño e San Benito de Cova do Lobo (Saída de A Valenzá) 
7 km – Dif: media
Degustación: Restaurante Os Faroles (A Valenzá)

26 de setembro: CARTELLE
Ruta: Muíños do Río Gato e Torre de Sande (9 km – Dif: Difícil)
Visita: Adegas de Mogos e Asociación Entroido de Sande
Degustación: Bar Katy (Cartelle)
 
27 de setembro: COLES

Ruta: Ruta do Concello de Coles (12 km, Dif: Media)
Visita: Pazo de Fontefiz 
Degustación: Rectoral de San Eusebio – Vides Singulares

 4 de outubro: O PEREIRO DE AGUIAR

Ruta: Sicenata Pacata (8,5km Dif: Fácil)
Degustación: Restaurante Praza
Visita: Museo Oleiro de Loñoá
 
11 de outubro: A PEROXA
Ruta: A Paraxe Sacra da Peroxa (12km Dif: media)
Degustación: O Solpor e O Castelo (A Peroxa)
Visita: Museo do Lebre
 
 
  

Actividades que pueden interesarte

Ruta geológica interpretada con la que descubriréis la singular y misteriosa mina de oro romana de Monte Partido escondida en un espectacular entorno natural dominado por la Serra de San Mamede y el Bidueiral de Montederramo. Ourense
Descubre la sorprendente Ribeira Sacra del Miño con esta ruta guiada de senderismo de 2 días entre viñedos, bosques, cascadas, miradores y románico rural.
Ruta de media montaña que atraviesa la Sierra del Oribio, un impresionante entorno natural en Tierras de Samos y Triacastela (Lugo)
Scroll al inicio