“Rebrota Silbina”. 2026
29 agosto - 3 outubro
Ciclo de actividades de promoción dos valores naturais, culturais, turísticos e gastronómicos dos 10 concellos que conforman o territorio Sil Bibei Navea.
Rutas de Sendeirismo interpretativo e temático, visitas patrimoniais, degustación de produtos locais e moito máis para desfrutar e coñocer este extenso e rico territorio da provincia de Ourense.
Actividades de balde grazas ao patrocinio do GDR Sil-Bibei-Navea e AGADER.
Máis información e formulario de inscricións debaixo
Máis información
Que é Rebrota Silbina?
Un proxecto que ten como obxectivo a promoción turística, natural, gastronómica e cultural dos 10 concellos integrantes do GDR Sil-Bibei-Navea ofrecendo ás persoas participantes experiencias de inmersión e desfrute do patrimonio natural, cultural e gastronómico deste territorio.
O proxecto desenvólvese en 5 xornadas, cada unha das cales abrangue 2 concellos limítrofes. O grupo de actividades en cada xornada inclúe unha ruta de sendeirismo pola mañá en un dos concellos e unha visita patrimonial e degustación de produtos locais noutro concello ao mediodía.
Mañá: Ruta de sendeirismo interpretativo (1º concello)
Mediodía: Degustación de produtos locail (2º concello)
Serán: Visita cultural (2º concello)
Hai límite de idade ou condicións?
As actividades son aptas en xeral para calquera persona cun mínimo de forma física e afeita a camiñar. En xeral son aptas para familias con nenos de +7 anos.
Como podo inscribirme nas actividades de Adiviña Silbina?
Cumprimentando o formulario de inscrición ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón:
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
(Só está permitido anotarse a unha xornada por persoa)
no formulario aparecen as actividades nas que hai prazas dispoñibles
Cando podo apuntarme?
No momento en que se publique o cartaz promocional nas redes sociais abriranse as inscricións ás actividades ata o esgotamento das 40 prazas por cada actividade
Respectaranse as prazas por rigurosa orde de anotación.
As persoas que non entren no cupo de inscritos/as pasarán a unha listaxe de reserva e serán avisadas en caso dalgunha baixa nas inscricións.
Hai límite de participantes?
O límite de participantes é dun máximo de 40 persoas por xornada.
A cantas actividades podo apuntarme?
O máximo é de 1 actividade (1 xornada) por persona
Como podo saber se estou admitido/a na actividade?
Coa maior brevidade posible confirmarase a admisión nas actividades mediante chamada telefónica e/ou mail e enviarase información co programa, horarios, puntos de encontro e outra información de interese.
Que prezo teñen as actividades?
En xeral serán de balde agás os prezos de entrada que poidan ter determinados elementos patrimoniais que serán comunicados con antelación ás persoas participantes.
Proxecto promovido e patrocinado polo GDR SilBibeiNavea e AGADER
Como podo desplazarme ao punto de inicio das actividades?
O desplazamento ao punto de inicio de cada actividade deberá realizarse por medios propios. Tentarase cordinar os desplazamentos para empregar o mínimo de vehículos posible.
Que é o sendeirismo interpretativo?
Rutas que teñen unha dificultade baixa ou moderada e de diversa temática nas que se interpretarán os elementos naturais e patrimoniais máis importantes da zona podendo incluir xogos participativos.
A actividade de sendeirismo farase en horario de mañá.
A dificultade e distancia de cada ruta especificarase no cartaz de cada actividade
Visitas culturais
Despóis de repoñer forzas coa degustación de produtos locais, desprazaremonos ata algún elemento patrimonial do concello para desfrutar dunha visita guiada.
Degustación e feira de produtos locais
A degustación de produtos locais inclúe unha petiscada variada con produtos gastronómicos de produtores locais dos concellos incluidos no GDR Sil-Bibei-Navea que serán preparados e elaborados con moito cariño por establecementos do territorio.
En cada degustación teredes á vosa disposición un mercadiño de produtos locais para poder levar á vosa cada produtos da z
Comparte esta actividad
Material recomendado
- Calzado e vestimenta axeitada (consultar previsión meteorolóxica)
- Auga e comida lixeira
- Mochila actividade de 1 día
- Bastóns telescópicos de trekking
- Proteción para o sol e/ou choiva
INSCRICIÓNS
Inclúe
- Roteiros de sendeirismo interpretativo
- Visitas culturais para descubrir a historia e patrimonio local
- Degustación e feira de produtos locais
PROGRAMACIÓN:
29 de agosto: Viana do Bolo – Vilariño de Conso
Ruta: Foxo do Lobo de EntreCabezas 7 km Dif: Fácil
Degustación: “A Curuxa do Río” (Vilariño de Conso)
Visita cultural: Museo etnográfico (Vilariño de Conso)
5 de setembro: A Pobra de Trives – San Xoán de Río
Ruta: Ruta da Bica 9 km Dif: Fácil (A Pobra de Trives)
Degustación: Restaurante Palomo´s (S. Xoán de Río)
Visita cultural: Mouruás, castro, poboado romano e espada (S. Xoán de Rio)
6 de setembro: Manzaneda – Chandrexa de Queixa
Visita cultural: Museo etnográfico de Celeiros (Chandrexa)
12 de setembro: O Castro de Caldelas – Montederramo
Ruta: Muíños e Fervenzas do río Edo 8 km Dif: Fácil (O Castro de Caldelas)
Degustación: Bar Bodegón (Montederramo)
Visita Cultural: Mosteiro de Santa María de Montederramo
3 de outubro: Parada de Sil – A Teixeira
Degustación: Bar Campelo (A Teixeira)
Visita cultural: Adega Farragacho (Abeleda)
Actividades que pueden interesarte
- 13 km
- Fácil
- Leiro
- Moderada
- Somiedo
- 19 km
- Fácil
- Chandrexa de Queixa. Montederramo. Laza

