“Rebrota Silbina”. 2026

Ciclo de actividades de sendeirismo interpretativo, visitas culturais e degustación de produtos locais nos 10 concellos do territorio Sil-Bibei-Navea

29 agosto - 3 outubro

IMG 20260728 WA0004
 
 
Ciclo de actividades de promoción dos valores naturais, culturais, turísticos e gastronómicos dos 10 concellos que conforman o territorio Sil Bibei Navea.
Rutas de Sendeirismo interpretativo e temático, visitas patrimoniais, degustación de produtos locais e moito máis para desfrutar e coñocer este extenso e rico territorio da provincia de Ourense.
Actividades de balde grazas ao patrocinio do GDR Sil-Bibei-Navea e AGADER.
 
 
Máis información e formulario de inscricións debaixo

Máis información

Que é Rebrota Silbina?

Un proxecto que ten como obxectivo a promoción turística, natural, gastronómica e cultural dos 10 concellos integrantes do GDR Sil-Bibei-Navea ofrecendo ás persoas participantes experiencias de inmersión e desfrute do patrimonio natural, cultural e gastronómico deste territorio.

O proxecto desenvólvese en 5 xornadas, cada unha das cales abrangue 2 concellos limítrofes. O grupo de actividades en cada xornada inclúe unha ruta de sendeirismo pola mañá en un dos concellos e unha visita patrimonial  e degustación de produtos locais noutro concello ao mediodía.

Mañá: Ruta de sendeirismo interpretativo (1º concello)

Mediodía: Degustación de produtos locail (2º concello)

Serán: Visita cultural (2º concello)

Hai límite de idade ou condicións?

As actividades son aptas en xeral para calquera persona cun mínimo de forma física e afeita a camiñar. En xeral son aptas para familias con nenos de +7 anos.

Como podo inscribirme nas actividades de Adiviña Silbina?

Cumprimentando o formulario de inscrición ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
 (Só está permitido anotarse a unha xornada por persoa)
no formulario aparecen as actividades nas que hai prazas dispoñibles 

Cando podo apuntarme?

No momento en que se publique o cartaz promocional nas redes sociais abriranse as inscricións ás actividades ata o esgotamento das 40 prazas por cada actividade

Respectaranse as prazas por rigurosa orde de anotación.

As persoas que non entren no cupo de inscritos/as pasarán a unha listaxe de reserva e serán avisadas en caso dalgunha baixa nas inscricións.

Hai límite de participantes? 

O límite de participantes é dun máximo de 40 persoas por xornada.

A cantas actividades podo apuntarme? 

O máximo é de 1 actividade (1 xornada) por persona

Como podo saber se estou admitido/a na actividade?

Coa maior brevidade posible confirmarase a admisión nas actividades mediante chamada telefónica e/ou mail  e enviarase información co programa, horarios, puntos de encontro e outra información de interese. 

Que prezo teñen as actividades?

En xeral serán de balde agás os prezos de entrada que poidan ter determinados elementos patrimoniais que serán comunicados con antelación ás persoas participantes.

Proxecto promovido e patrocinado polo GDR SilBibeiNavea e AGADER

Como podo desplazarme ao punto de inicio das actividades?

O desplazamento ao punto de inicio de cada actividade deberá realizarse por medios propios. Tentarase cordinar os desplazamentos para empregar o mínimo de vehículos posible.

Que é o sendeirismo interpretativo?

Rutas que teñen unha dificultade baixa ou moderada e de diversa temática nas que se interpretarán os elementos naturais e patrimoniais máis importantes da zona podendo incluir xogos participativos.

A actividade de sendeirismo farase en horario de mañá.

A dificultade e distancia de cada ruta especificarase no cartaz de cada actividade

Visitas culturais

Despóis de repoñer forzas coa degustación de produtos locais, desprazaremonos ata algún elemento patrimonial do concello para desfrutar dunha visita guiada.

Degustación e feira de produtos locais 

A degustación de produtos locais inclúe unha petiscada variada con produtos gastronómicos de produtores locais dos concellos incluidos no GDR Sil-Bibei-Navea que serán preparados e elaborados con moito cariño por establecementos do territorio.

En cada degustación teredes á vosa disposición un mercadiño de produtos locais para poder levar á vosa cada produtos da z

Comparte esta actividad

Compartir en facebook
Compartir en twitter
Compartir en whatsapp
Compartir en telegram

Material recomendado

  • Calzado e vestimenta axeitada (consultar previsión meteorolóxica) 
  • Auga e comida lixeira
  • Mochila actividade de 1 día 
  • Bastóns telescópicos de trekking 
  • Proteción para o sol e/ou choiva

 

INSCRICIÓNS

Inclúe

PROGRAMACIÓN:

 
 
 
29 de agosto: Viana do Bolo – Vilariño de Conso

Ruta: Foxo do Lobo de EntreCabezas 7 km Dif: Fácil
Degustación: “A Curuxa do Río” (Vilariño de Conso)
Visita cultural: Museo etnográfico  (Vilariño de Conso)

5 de setembro: A Pobra de Trives – San Xoán de Río

Ruta: Ruta da Bica  9 km  Dif: Fácil (A Pobra de Trives)
Degustación: Restaurante Palomo´s (S. Xoán de Río)
Visita cultural: Mouruás, castro, poboado romano e espada (S. Xoán de Rio) 

6 de setembro: Manzaneda – Chandrexa de Queixa
Ruta: Viñedos Romanos de Manzaneda 10 km Dif: Media
Degustación: Casa González (Chandrexa de Queixa)
Visita cultural: Museo etnográfico de Celeiros (Chandrexa)
 
12 de setembro: O Castro de Caldelas – Montederramo

Ruta: Muíños e Fervenzas do río Edo 8 km Dif: Fácil (O Castro de Caldelas)
Degustación: Bar Bodegón (Montederramo)
Visita Cultural: Mosteiro de Santa María de Montederramo

3 de outubro: Parada de Sil – A Teixeira
Ruta: Soutos centenarios de Parada (9 km Dific: media)
Degustación: Bar Campelo (A Teixeira)
Visita cultural: Adega Farragacho (Abeleda)

Actividades que pueden interesarte

Ruta fácil interpretativa de patrimonio, historia e natureza nos vales do Avia e O Arenteiro cun espectacular percorrido entre Leiro e Pazos de Arenteiro cheo de fermosas paisaxes e infinidade de elementos de interese
Ven a pasar 2 días o un fin de semana en el Parque Natural de Somiedo (Asturias), donde realizaremos una actividad de montaña y/o senderismo y además disfrutarás de una jornada de avistamiento de oso pardo cantábrico e interpretación de fauna salvaje
Scroll al inicio