Parede Expositiva Casa González. Silencio Absoluto

“Silencio Absoluto”. Paula F. Bañuelos.  Expo fotofráfica Parede Expositiva Casa Gonzalez

Sábado 17 decembro. 20:00 horas

Casa González, rúa do Puleiro, 6 Celeiros (Chandrexa de Queixa) Ourense.

 

“Parede Expositiva Casa González” , inaugura o seu ciclo de exposicións este próximo 17 de decembro as 20:00 horas no restaurante Casa González, en Chandrexa de Queixa.

“Silencio Absoluto”, de Paula F. Bañuelos é o título desta exposición fotográfica elexida pola asociación Coleccionista de Semillas e que se poderá desfrutar, a partires deste vindeiro sábado 18, no coñecido restaurante queixelao onde, ademáis, poderedes rodearvos dun dos mellores entornos naturais da provincia de Ourense compartindo un petisco e un viño.

Silencio Absoluto

“O silencio é a ausencia absoluta de son, tamén significa abstención de falar: máis que non haxa son algún non sempre quere dicir que non haxa comunicación . Dise que a fotografía é a forma do silencio”

de Paula F. Bañuelos.

Desde Casa González e Coleccionista de Semillas convídanvos a achegaros ata Chandrexa de Queixa para asistir á inauguración da “Parede Expositiva Casa González” este vindeiro sábado 17 de decembro as 20:00 horas

IMG 20221214 WA0006

Actividades que pueden interesarte

Scroll al inicio